Participación con mostra de sangue

Como participar en Xenoma Galicia (con mostra de sangue)

1. Recibirá unha invitación por SMS

Se foi seleccionado ou seleccionada para participar, recibirá unha mensaxe de texto (SMS) no seu teléfono móbil cunha ligazón a esta mesma páxina web. Nesta web atopará:

  • Información completa sobre o proxecto.
  • Os documentos necesarios para participar.
  • Un teléfono de contacto onde poderá consultar calquera dúbida antes de decidir participar.

2. Lea detidamente a información.

Antes de coller cita, é importante que lea con calma a información do proxecto. Pode descargala directamente nas seguintes ligazóns:

Para que a cita sexa máis rápida e cómoda, pode traer a documentación cuberta desde casa. Se non pode imprimila ou prefire cubrila no hospital, sempre lla facilitaremos alí.

3. Solicite unha cita para a extracción de sangue.

Se decide participar, o seguinte paso será seleccionar unha cita para realizarse a extracción de sangue no seu hospital de referencia .

Pode facelo de dúas formas:

Opción A) Desde a aplicación SERGAS Móbil:

  1. Abra a aplicación SERGAS Móbil:
  2. Entre nas apartado "Citas" e pulse o botón (+) para crear unha nova cita:
  3. Seleccione as apartado "Campañas de Promoción da Saúde (vacinación, cribados...)" e, a continuación, "Xenoma Galicia - Mostra Sangue":
  4. Unicamente terán esta campaña activada as persoas convidadas a participar.

    Sergas Móbil Xenova Galicia Sergas Móbil Xenova Galicia  
     
  5. Desprácese polo calendario para seleccionar a cita máis conveniente de entre as dispoñibles.
    Unha vez seleccionada unha cita, esta non é modificable. Unicamente poderá anulala e seleccionar outra sempre que haxa citas dispoñibles.

Se aínda non dispón da aplicación SERGAS Móbil, pode descargala no seu teléfono desde aquí:

Descarga en Apple Store QR Apple Store 
Descarga en Google Play QR Google Play 

Opción B) Desde un ordenador:

  1. Acceda ao Portal de Citas do SERGAS e identifíquese (pique aquí) .
  2. Portal de Citas Sergas  
  3. Seleccione 'Campañas de Promoción da Saúde (Vacinación, Cribados etc.)'.
  4. Selección de Campañas de Promoción da Saúde  
  5. Elixa a campaña 'Xenoma Galicia - Mostra Sangue'.
  6. Selección de cita a través del Portal de Citas Sergas 

4. Acuda á súa cita para a extracción de sangue.

  • Non é necesario que faga xaxún previo.
  • Diríxase ao momento de extraccións do seu hospital de referencia á hora indicada.
  • Se trae a documentación impresa de casa, indíquello ao persoal para que lla revisen. Se non a trae, proporcionaráselle no momento para que a cubra.

    Poderá realizar as preguntas que considere ao persoal colaborador do proxecto.

Moitas grazas pola súa colaboración.​

Estudo pioneiro en España que permitirá avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, mostras biolóxicas e datos xenéticos