Como participar en Xenoma Galicia (con mostra de sangue)
1. Recibirá unha invitación por SMS
Se foi seleccionado ou seleccionada para participar, recibirá unha mensaxe de texto (SMS) no seu teléfono móbil cunha ligazón a esta mesma páxina web. Nesta web atopará:
- Información completa sobre o proxecto.
- Os documentos necesarios para participar.
- Un
teléfono de contacto onde poderá consultar calquera dúbida antes de decidir participar.
2. Lea detidamente a información.
Antes de coller cita, é importante que lea con calma a información do proxecto. Pode descargala directamente nas seguintes ligazóns:
Para que a cita sexa máis rápida e cómoda, pode traer a documentación cuberta desde casa. Se non pode imprimila ou prefire cubrila no hospital, sempre lla facilitaremos alí.
3. Solicite unha cita para a extracción de sangue.
Se decide participar, o seguinte paso será seleccionar unha cita para realizarse a extracción de sangue
no seu hospital de referencia .
Pode facelo de dúas formas:
Opción A) Desde a aplicación SERGAS Móbil:
- Abra a aplicación SERGAS Móbil:
- Entre nas apartado "Citas" e pulse o botón (+) para crear unha nova cita:
- Seleccione as apartado "Campañas de Promoción da Saúde (vacinación, cribados...)" e, a continuación, "Xenoma Galicia - Mostra Sangue":
Unicamente terán esta campaña activada as persoas convidadas a participar.
- Desprácese polo calendario para seleccionar a cita máis conveniente de entre as dispoñibles.
Unha vez seleccionada unha cita, esta non é modificable. Unicamente poderá anulala e seleccionar outra sempre que haxa citas dispoñibles.
Se aínda non dispón da aplicación SERGAS Móbil, pode descargala no seu teléfono desde aquí:
Opción B) Desde un ordenador:
- Acceda ao Portal de Citas do SERGAS e identifíquese
(pique aquí) .
- Seleccione 'Campañas de Promoción da Saúde (Vacinación, Cribados etc.)'.
- Elixa a campaña 'Xenoma Galicia - Mostra Sangue'.
4. Acuda á súa cita para a extracción de sangue.
Moitas grazas pola súa colaboración.