En caso de ser seleccionado para participar a través de mostra de sangue:
1. Cada participante recibirá por SMS unha invitación cunha ligazón para acceder a este portal onde se atopa toda a información relevante sobre a participación en Xenoma Galicia, así como un teléfono de contacto para resolver todas as dúbidas.
2. Para
participar no proxecto deberá
solicitar unha cita para a extracción de sangue a través das aplicacións do Servizo Galego de Saúde:
- Dende un smartphone utilizando a app Sergas Móbil: No apartado de
Citas, deberá premer no botón (+) para solicitar a súa cita e seleccionar a opción "Campañas De Promoción Da Saúde Vacinación, Cribados, …)". Só os participantes invitados terán dispoñible unha campaña chamada "Xenoma Galicia - Mostra Sangue".
3.
O día da extracción de sangue
non necesita acudir en xaxún, proporcionaránselle dous consentimentos informados
(un para o cribado xenético e outro para doar as súas mostras ao biobanco) que deberá entregar asinados, así como un cuestionario sobre saúde e estilos de vida. Poderá resolver as súas dúbidas co persoal de enfermería que colabora no proxecto encargado de realizar a extracción de sangue.
Pode consultar aquí todos os documentos e, opcionalmente, imprimilos e levalos cubertos e asinados o día da cita.
CUESTIONARIO
CONSENTIMIENTO INFORMADO PARA CRIBADO XENÉTICO
CONSENTIMIENTO PARA BIOBANCO
Se esquece traer a documentación asinada, proporcionaráselle no momento e poderá resolver as súas dúbidas co persoal de enfermería colaborador do proxecto, encargado de realizar a extracción de sangue.