Nova campaña de recollida de mostras de sangue para Xenoma Galicia no Hospital de Monforte.
Xa está aberta a axenda para a recollida de mostras de sangue para o Proxecto Xenoma Galicia na Área Sanitaria de Lugo, no distrito de Monforte de Lemos.
Se recibiches un SMS de invitación e queres participar en Xenoma Galicia, accede á aplicación SERGAS Móbil para reservar a túa cita.
As extraccións realizaranse no Hospital de Monforte os días 16 e 17 de xuño de 2026 en horario de 15:30 a 18:20.