Ocos dispoñibles no Hospital de Monforte para extracción de mostra de sangue

Nova campaña de recollida de mostras de sangue para Xenoma Galicia no Hospital de Monforte.

Xa está aberta a axenda para a recollida de mostras de sangue para o Proxecto Xenoma Galicia na Área Sanitaria de Lugo, no distrito de Monforte de Lemos.

Se recibiches un SMS de invitación e queres participar en Xenoma Galicia, accede á aplicación SERGAS Móbil para reservar a túa cita.

As extraccións realizaranse no Hospital de Monforte os días 16 e 17 de xuño de 2026 en horario de 15:30 a 18:20.

Más información sobre como participar na sección de Participación con mostra de sangue.

CAMPAÑA MONFORTE GALpng.png

Proxecto Xenoma Galicia

Estudo pioneiro en España que permitirá avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, mostras biolóxicas e datos xenéticos