Participación con mostra de saliva

​En caso de ser seleccionado para participar a través de mostra de saliva:

1. Cada participante recibirá por SMS unha invitación que conterá unha ligazón para acceder a este portal onde se atopa toda a información relevante sobre a participación en Xenoma Galicia, así como un teléfono de contacto para resolver todas as dúbidas.

2. Se decide participar, poderá auto rexistrarse neste portal inserindo o seu DNI e o código alfanumérico único que recibirá no SMS de invitación.
Se decide non participar poderá acceder do mesmo xeito ao portal, onde deberá indicar que rexeita a participación.

3. No caso de que acceda a participar, seguidamente deberá revisar os seus datos e a dirección na que solicita sexa enviada a documentación de participación no proxecto Xenoma Galicia e o kit de auto recollida de mostra de saliva. Por defecto aparecerá a dirección que consta asociada a súa tarxeta sanitaria, pero vostede poderá modificala indicando a dirección que considere oportuna.

Inscríbete e participa (ou rexeita a túa participación) no piloto de Xenoma Galicia

4. Unha ver rexistrado, recibirá na dirección indicada un sobre cunha carta de invitación,  as follas de información para o participante e dúas copias dun documento de consentimento informado que deberá ler detidamente e asinar, un kit de recolección de saliva, un documento informativo sobre como recoller a saliva e onde depositar a súa mostra e una bolsa zip.

CONSENTIMENTO INFORMADO

Urna_Xenoma_Galicia.svg

5. Cando reciba o kit, deberá seguir as instrucións que o acompañan para recoller a mostra de saliva. Este procedemento levaralle un par de minutos e non conleva molestias físicas de ningún tipo.

6. Insira o tubo de mostra de saliva ben pechado xunto cunha copia do consentimento cuberto e asinado na bolsa zip que se lle facilitou e peche a bolsa, acuda ao seu centro sanitario de referencia e deposíteo no caixón do proxecto Xenoma Galicia que atopará alí.

7. A participación no proxecto poderá ser confirmada nun prazo non superior a un mes dende a entrega da mostra, revisando en É-Saúde, preguntando ao seu médico que poderá verificalo na súa historia clínica ou ben solicitándoo nos puntos de atención ao paciente do hospital de referencia.

Estudo pioneiro en España que permitirá avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, mostras biolóxicas e datos xenéticos