[18/05/2026] AXENDA COMPLETA. MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPASTES!
[18.05.2026] ACTUALIZACIÓN: Axenda completa en Ferrol. Non quedan ocos dispoñibles para esta campaña. Moitas grazas a todos e todas por participar en Xenoma Galicia.
[27.04.2026] Xa está aberta a axenda para a campaña de recollida de mostras de sangue para Xenoma Galicia na Área Sanitaria de Ferrol.
Se recibiches un SMS de invitación e queres participar en Xenoma Galicia, accede á aplicación SERGAS Móbil para reservar a túa cita.
As extraccións realizaranse no Hospital Arquitecto Marcide (na Sala de Extraccións ubicada na Planta 0) entre o 11 e o 26 de maio de 2026 en horario de 15:30 a 18:20.