Ocos dispoñibles no Hospital da Mariña para extracción de mostra de sangue

Nova campaña de recollida de mostras de sangue para Xenoma Galicia no Hospital da Mariña.

​

Xa está aberta a axenda para a recollida de mostras de sangue para o Proxecto Xenoma Galicia na Área Sanitaria de Lugo, no distrito da Mariña.

Se recibiches un SMS de invitación e queres participar en Xenoma Galicia, accede á aplicación SERGAS Móbil para reservar a túa cita.

As extraccións realizaranse no Hospital da Mariña (Burela) do 17 ao 19 de xuño de 2026 en horario de 15:30 a 18:20 e o 20 de xuño en horario de 9:00 a 12:00.

Más información sobre como participar na sección de Participación con mostra de sangue.

CAMPAÑA MONFORTE GALpng.png​

Proxecto Xenoma Galicia

Estudo pioneiro en España que permitirá avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, mostras biolóxicas e datos xenéticos