Que é

Iniciativa Galega - PROXECTO XENOMA GALICIA


Que é o Proxecto Xenoma Galicia?

XENOMA GALICIA é unha iniciativa da Xunta de Galicia que aposta pola Xenómica para impulsar novos programas de prevención e medicina personalizada.

É un proxecto pioneiro en España que busca avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, datos xenéticos e mostras biolóxicas que serán a clave para o avance da medicina personalizada e para establecer estratexias de saúde en Galicia.

En que consiste?

Trátase dun estudo de investigación que avalía un novo enfoque consistente en ofrecer probas xenéticas preditivas á poboación xeral para detectar precozmente a unha poboación con maior risco de desenvolver determinadas enfermidades que a poboación xeral, as cales se poden beneficiar dun programa de cribado para o diagnóstico precoz.

Para que enfermidades ofrecerá probas xenéticas?

As primeiras enfer​midades para as que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ofrecerá estas probas xenéticas preditivas son:

Obxectivos xerais

A xenómica está xogando un papel moi importante no xurdimento da medicina personalizada, porque proporciona unha xanela molecular moi específica das diferenzas entre nós, e dános a oportunidade de facer predicións individuais sobre o risco de enfermidade, o cal pode permitir elixir un plan de prevención ou tratamento que sexa adecuado para cada un de nós. O obxectivo xeral do proxecto Xenoma Galicia é coñecer a variabilidade xenética da poboación galega para poder guiar decisións clínicas tomadas en relación coa prevención, diagnóstico e tratamento da enfermidade, en definitiva, co fin de implementar unha medicina personalizada. XENOMA GALICIA propón a creación dun biobanco de datos xenéticos e clínicos de 400.000 persoas galegas de entre 35 e 70 anos de idade e un biobanco de mostras biolóxicas de 100.000 destas persoas
Coa intención de poder alcanzar este obxectivo xeral iniciamos o desenvolvemento dun proxecto piloto que nos permita valorar as capacidades de levalo a cabo.
Os obxectivos específicos expostos neste proxecto piloto son os seguintes:

  1. Comprobar a capacidade de establecer un biobanco de datos xenéticos representativos da poboación galega. Para iso trataremos de comprobar a adherencia da poboación a este tipo de estudo xenómico poboacional a través da participación mediante mostras de saliva (1.000 participantes) e mostras de sangue (1.000 participantes).
  2. Comprobar a capacidade de establecer unha cohorte de mostras biolóxicas da poboación galega (1.000 participantes) dispoñibles para futuros estudos.
  3. Avaliar a efectividade da realización de cribados xenéticos preventivos a adultos de entre 35 e 70 anos, co obxectivo de identificar variantes de ADN asociadas a 3 enfermidades hereditarias:
    • Cancro de mama e ovario hereditario
    • Síndrome de Lynch
    • Hipercolesterolemia familiar​





Estudo pioneiro en España que permitirá avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, mostras biolóxicas e datos xenéticos