AXENDA COMPLETA en Ferrol para extracción de mostra de sangue

24 de Abril de 2026
[18/05/2026] AXENDA COMPLETA. MOITAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPASTES!

[18.05.2026] ACTUALIZACIÓN: Axenda completa en Ferrol. Non quedan ocos dispoñibles para esta campaña. Moitas grazas a todos e todas por participar en Xenoma Galicia.

[27.04.2026] Xa está aberta a axenda para a campaña de recollida de mostras de sangue para Xenoma Galicia na Área Sanitaria de Ferrol.

Se recibiches un SMS de invitación e queres participar en Xenoma Galicia, accede á aplicación SERGAS Móbil para reservar a túa cita.

As extraccións realizaranse no Hospital Arquitecto Marcide (na Sala de Extraccións ubicada na Planta 0) entre o 11 e o 26 de maio de 2026 en horario de 15:30 a 18:20.

Más información sobre como participar na sección de Participación con mostra de sangue.

recogida de muestras de sangre en ferrol para xenoma galicia.png​

Proxecto Xenoma Galicia

Estudo pioneiro en España que permitirá avanzar no coñecemento das enfermidades mediante a recollida de datos clínicos, mostras biolóxicas e datos xenéticos